KeePass, xestor de contrasinais multiplataforma

KeePass é un programa de xestión de contrasinais, gratuito, de código aberto e multiplataforma, que nos ofrece a posibilidade de gardar todos os nosos contrasinais nunha base de datos encriptada, para o que utiliza os algoritmos AES e Twofish. Recordando un único contrasinal, terás acceso ao resto deles.

A súa páxina web oficial é KeePass.info

Nesta web podes descargar:

  1. Versión 1.10.
    1. un paquete que só necesita ser descomprimido e está listo para ser executado (en Windows). Esta versión é ideal para empregar nunha memoria USB.
    2. o instalador ou un paquete portable (non necesita instalación, ideal para unha memoria USB) a tradución por separado (de Sourceforge). Só hai que descomprimir o arquivo “Galician.lng” no mesmo directorio no que se atopa o programa “KeePass.exe”, executalo, ir a “View->Change language…” e selecionar a versión en galego. Tras reiniciar o programa, está listo para ser usado.
  2. Versión 1.06.
    1. O arquivo de traducción para o idioma galego. Versión 1.06.
    2. O programa co arquivo instalado, listo para descomprimir e executar. Non se necesita instalación e pódese levar nunha memoria USB. Versión 1.06.

One thought on “KeePass, xestor de contrasinais multiplataforma

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *