Publicada a versión galega do xestor de contrasinais KeePass v1.10

Acabo de facer pública a tradución ao galego do xestor de contrasinais KeePass, na súa versión 1.10.

KeePass é un xestor de contrasinais de código aberto (certificado pola OSI) e gratuito para Windows, Linux, Mac, PalmOS, Pocket PC, Smart Devices e U3P, onde nunha única base de datos podemos gardar todos os contrasinais que empregamos habitualmente. Recordando un único contrasinal, teremos acceso ao resto deles.

Podedes:

  • descargar un paquete que só necesita ser descomprimido e está listo para ser executado (en Windows). Esta versión é ideal para empregar nunha memoria USB.
  • descargar o instalador ou un paquete portable (non necesita instalación, ideal para unha memoria USB) e a tradución por separado (de Sourceforge). Só hai que descomprimir o arquivo «Galician.lng» no mesmo directorio no que se atopa o programa «KeePass.exe», executalo, ir a «View->Change language…» e selecionar a versión en galego. Tras reiniciar o programa, está listo para ser usado.

Máis información sobre o historial de traducións de KeePass aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.