X Andaina Concello Salceda de Caselas – 2017

O sábado 20 de maio do 2017 participei por segunda vez na Andaina Concello Salceda de Caselas (esta foi a miña primeira andaina hai 1 ano), encadrada dentro da Copa Galicia de andainas de 50 km, que transcurriu polos camiños e sendeiros dos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño e Tui. No meu caso participei na de 50km. Ademais había outras 2 versións, de 33 km con subida ao Aloia e de 30 km planos.

A continuación describo a proba, tanto a información previa como a proba en si.

IX Andaina Concello Salceda de Caselas Copa Galicia de andainas de 50 km – 2016

O sábado 21 de maio de 2016 participei na miña primeira andaina. Ata o de agora moito asfalto, varios maratóns, uns cantos máis medio maratóns, algún trail de montaña como o Toxiza Classic Xtreme, pero nunca unha andaina. E gustoume, moito, creo que demasiado, polo que non creo que sexa a última.