Ultraandaina Os 100 dos International Trekkers 2017

Os días 24 e 25 de xuño do 2.017 participei na cuarta edición da Ultraandaina e ultratrail Os 100 dos International Trekkers, organizada polo clube de montaña International Trekkers Barbanza Sar. A andaina partía de  Noia e pasaba por O Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame, para finalizar en Noia. O obxectivo é “sinxelo”: completar 100 km, cuns 3.300 metros de desnivel positivo, en menos de 24 horas.

Nestas historias méteste unha vez por descoñecemento, pero a segunda, como é o meu caso, faise por gusto. Nada te pilla de novo, e é algo bo, xa que coñeces parte do que te vas a atopar e así podes tratar de minimizar todo o malo que te atopas, que o atoparás: aparecen varios muros (non un no km 30 coma no maratón), vas previsto para non pasar frío, organizas mellor as mochilas onde te podes cambiar de roupas, deixar ou coller cousas,… anque como contarei, volves a cometer algunhas novatadas.

A miña crónica da proba do ano pasado (2016) está dispoñible neste enlace.

Ultraandaina os 100 dos International Trekkers 2016

A ultraandaina e ultratrail “Os 100 dos International Trekkers” é unha proba non competitiva cun plantexamento claro: completar 100 km polo monte, andando ou correndo, saíndo dende a Pobra do Caramiñal,  percorrendo os concellos de Ribeira, Porto do Son, Noia, Lousame, Rianxo e Boiro para rematar no punto de partida, na Pobra do Caramiñal. Este é o mapa da proba, aportado pola organización.

Previa da 3ª edición dos 100 dos International Trekkers

O próximo sábado 25 de xuño de 2016 participarei na 3ª edición dos 100 dos International Trekkers, unha ultraandaina/ultratrail de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas.

Adxunto, por se pode ser de utilidade para algún participante, unha serie de arquivos de elaboración propia, a partir da información dispoñible na web da proba.