Guía sobre Cloud Computing y Software de Fuentes Abiertas

Dejo un enlace a un dossier (PDF, 2.5 MB, 67 páginas) elaborado en abril del 2011 por el observatorio del Cenatic sobre cloud computing y software de fuentes abiertas.

Una copia del documento, liberado bajo una licencia “Reconocimiento 3.0 España de Creative Commons” también está disponible en este blog en el siguiente enlace: Dossier sobre cloud-computing-y-software-de-fuentes-abiertas.

Publicada a versión galega do xestor de contrasinais KeePass v1.10

Acabo de facer pública a tradución ao galego do xestor de contrasinais KeePass, na súa versión 1.10.

KeePass é un xestor de contrasinais de código aberto (certificado pola OSI) e gratuito para Windows, Linux, Mac, PalmOS, Pocket PC, Smart Devices e U3P, onde nunha única base de datos podemos gardar todos os contrasinais que empregamos habitualmente. Recordando un único contrasinal, teremos acceso ao resto deles.

Podedes:

  • descargar un paquete que só necesita ser descomprimido e está listo para ser executado (en Windows). Esta versión é ideal para empregar nunha memoria USB.
  • descargar o instalador ou un paquete portable (non necesita instalación, ideal para unha memoria USB) e a tradución por separado (de Sourceforge). Só hai que descomprimir o arquivo “Galician.lng” no mesmo directorio no que se atopa o programa “KeePass.exe”, executalo, ir a “View->Change language…” e selecionar a versión en galego. Tras reiniciar o programa, está listo para ser usado.

Máis información sobre o historial de traducións de KeePass aquí.