IV Andaina Montes de Vigo – 2017

O domingo 28 de maio do 2017 participei por primeira vez na Andaina Montes de Vigo, que transcurriu polos camiños e sendeiros do Concello de Vigo. No meu caso participei na de 40,1 km. Ademais había outras 3 versións, de 28,9 km, 20,1 km e e 11,2 km, unha ruta adaptada para persoas con mobilidade reducida e actividades para realizar con toda a familia na chegada da andaina.

A continuación describo a proba, tanto a información previa como a proba en si.

Información previa

A información previa á andaina foi completa, dispoñible na web da Andaina Montes de Vigo. Creo que non botei de menos ningún tipo de información.

  • Horario de saída: 07:30 dende a Praza do Rei en Vigo.
  • Recollida de dorsais : entre as 07:00 e as 07:30 na Praza do Rei en Vigo.
  • Avituallamentos: 4, indicados no plano da ruta.
  • Prezo inscrición: 2 euros.
  • Ubicación da saída. Rotonda na entrada de Vigozoo. 42.248264, -8.675589

Cartel da proba

Perfil da proba

Plano da proba

Ver o cartel na imaxe anterior.

Track

Non dispoñible.

Inscrición

Había que desplazarse fisicamente a El Corte Inglés de Vigo. Como mellora podería ter o pagamento con pasarela bancaria e recollida do dorsal e camiseta o día da proba.

A proba

Datos do meu reloxo (Suunto Ambit2 Sports):

  • Distancia: 40,18 Km.
  • Desnivel positivo: 1.853 m.
  • Desnivel negativo: 1.690 m.
  • Tempo: 7h 11′.
  • Track: descarga. En Wikiloc.

Datos subxectivos:

  • Marcaxe: excelente. Non estaba sobrecargado de cintas, pero os cruces nos que había posibilidade de perderte estaban perfectamente sinalizados. Posiblemente no Parque Forestal de Beade, onde empezabas o roteiro circular, pois estaría ben indicar o sentido con frechas para non ter que preguntar. Non me perdín nin unha vez.
  • Avituallamentos: suficientes, tanto en número como en contido: auga, isotónica, froita, galletas. Ao acabar un trozo de empanada e máis froita, bebida,…

Partíamos da Praza do Rei, onde se encontra o Concello de Vigo.

Alí estaba sobre as 7:10 da mañá para recoller un bono de comida e, tras preparar os pés encintándoos con esparadrapo de papel, como de costume, montar nun Vitrasa ás 7:30, de camiño á entrada de Vigozoo, de onde partía a andaina.

A entrada de Vigozoo

Saimos sobre as 8:10, pasando por diante da cidade deportiva do Celta de Vigo.

Logo xa nos introducimos no monte.

A ruta está ben sinalizada, con cinta branca e vermella.

Unha boa parte do percorrido pasámolo por sendeiros marcados, tanto de sendas locais, sendeiros de pequeno percorrido como de grande percorrido.

Continuamos polos montes de Candeán.

No km 8,5 chegamos ao aeroporto e cruzamos o IFEVI (Instituto Feiral de Vigo). Ao pouco volvemos a entrar no monte para ter o primeiro avituallamento.

Sobre o Km 17 chegamos a Puxeiros, pasando entre as naves da zona industrial e ao lado dos depósitos de CLH. Volvemos a entrar no monte.

Boas vistas de Vigo (trala uralita).

Máis pistas de monte

Chegamos ao segundo avituallamento, na Área Recreativa do Pouso.

Continuamos e máis adiante atopamos unha fermosa ponte sobre un regato

O regato baixa polo propio camiño, nunha subida forte e prolongada

Máis vistas de Vigo

Estamos en plena subida ata o Parque Forestal de Beade

Chegamos ao Parque Forestal de Beade e iniciamos o bucle, que nos levará ata Zamáns, á Universidade de Vigo e de regreso ao Parque Forestal de Beade.

Subimos e baixamos por unha pista construída debaixo dunha liña eléctrica, que fai de cortalumes

Ao baixar as vistas son espectaculares, tanto do lado da mar

como da montaña

Estamos aproximándonos á Universidade

E adianto a cabeza da andaina dos 20 km

Chego á Universidade

E á súa lagoa

E, tras volver a coller un tramo xa realizado, cheguei ao Parque Forestal de Beade, onde nos deron empanada (racionada), bebidas, froita e galletas. Ninguén controlaba tempos, chegadas nin historias destas que se fan noutras andainas ou carreiras.

Tras esperar estirar e esperar media hora, regresei á Praza do Rei nun Vitrasa e de aí á casa, que había que ducharse.

Resumen

Proba ben organizada, algo rompepernas, da que me esperaba que tivera algo menos de desnivel (1.853 m de D+ en 40 km). O ritmo da xente e a organización non ten nada que ver coas probas da Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

Merece a pena facela para coñecer os montes de Vigo, uns descoñecidos para a maioría dos seus habitantes.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *